correccional

correccional

(

  1. adx

    Que leva á corrección, especialmente castigando ou exercendo unha acción educadora.

    Ex: A este recluso hai que aplicarlle unha terapia correccional.

  2. s m [DER]

    Establecemento penitenciario dedicado xeralmente á readaptación social dos menores e de persoas que, sen ser delincuentes, presentan unha conduta antisocial. Nos países con sistemas penais avanzados, tende a ser de réxime aberto ou mesmo a desaparecer.

    Ex: Saíu do correccional despois de tres anos de rehabilitación social.

Palabras veciñas

correaxe | correcamiños | corrección | correccional | correccionalismo | Correchouso | correctio*