corrección

corrección

(

  1. s f

    Acción de corrixir.

    Ex: A corrección de exames é un traballo moi pesado. Non aprende nada das correcións que lle fai o profesor cando fala.

    1. s f

      Cambio resultante de corrixir un texto.

      Ex: A súa corrección non estaba ben feita.

      Sinónimos: emenda. Confrontacións: rectificación.
    2. s f

      Proposta dun especialista para mellorar un texto antigo corrompido.

    3. corrección de estilo

      Corrección feita sobre o orixinal dun texto para evitar repeticións innecesarias, darlle forma literaria, etc.

    4. corrección de probas

      Corrección feita xeralmente polo autor ou un corrector sobre probas de imprenta (galeradas e compaxinadas) mediante chamadas á marxe con signos convencionais.

    5. corrección tipográfica

      Corrección que consiste en substituír as letras (na composición á man ou no monotipo) ou as raias (no linotipo).

  2. s f

    Calidade de correcto.

    Ex: A corrección do seu comportamento admirou a todos.

    Sinónimos: cortesía. Antónimos: incorrección. Confrontacións: urbanidade.
  3. s f [MAR]

    Cifra variable que, sumada alxebricamente á altura observada do Sol, á hora do cronómetro ou ao rumbo, serve para calcular exactamente a situación do barco.

  4. [BÉL]
    1. s f

      Lugar onde os suboficiais cumpren o arresto.

    2. corrección de tiro

      Manobras que pretenden a coincidencia entre o centro de impacto e o centro do branco ou o centro de tiro elixido.

  5. [INFORM]
    1. s f

      Ausencia de erros ou defectos, especialmente os que poden ter consecuencias negativas na execución de programas ou de procedementos. Distínguese entre corrección parcial, que é a concordancia entre o procedemento especificado e o que se executa, e a corrección total, que engade á anterior unha proba ou garantía de acabado da execución nun tempo finito.

    2. s f

      Opción de aplicacións de deseño ou retocamento fotográfico que se emprega para modificar aspectos como a cor ou o brillo.

    3. corrección ortográfica

      Opción dalgunhas aplicacións para revisar a ortografía de documentos de texto.

  6. corrección de cor [IMAX]

    Procedemento empregado para aclarar ou escurecer áreas concretas e axustar ou rectificar calquera matiz dunha fotografía en cor. A mellora da cor dunha área realízase mediante un tapado por sobreexposición.

  7. corrección fraterna [RELIX]

    Admonición, recomendada no Evanxeo como deber de caridade, que se fai ao próximo para previlo e apartalo dun erro ou pecado.

  8. corrección óptica [ARQUIT]

    Corrección realizada na superficie dunha construción para evitar a sensación de desproporción que se produce ao observar o edificio, como o emprego da éntase nas columnas gregas.

Refráns

  • O que torta nace enderéitase tarde.
  • Ós pes tortas dálles zocos.