Correia, Joaquim
Correia, Joaquim
Escultor portugués. Membro dunha familia de vidreiros, estudou belas artes en Porto e Lisboa. Foi profesor e director da Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa. Realizou diversas estatuas e relevos que están repartidos por lugares públicos e privados. Pertenceu á Academia Nacional de Belas-Artes, á Sociedade Nacional de Belas-Artes, á Associação dos Arqueólogos Portugueses e á Sociedade de Geografia de Lisboa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Marinha Grande -
Falecemento
Lugar : Lisboa