Correns, Karl Erich

Correns, Karl Erich

Botánico e xenetista. Estudiou a estrutura da célula vexetal e a reprodución dos brións. Simultaneamente, pero de forma independente, xunto con H. de Vries e E. Tschermak von Seysenegg, redescubriu e demostrou experimentalmente as leis da herdanza de Mendel en 1900. Con posterioridade, aplicou a xenética mendeliana ao estudo da herdanza nos vexetais. En 1907 descubriu que o pole de certas plantas era o determinante do sexo e en 1909 o primeiro exemplo de herdanza nos cloroplastos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Múnic

  • Deceso

    Lugar : Berlín