Correo Gallego, El

Correo Gallego, El

Publicación en galego, castelán e portugués editada en Rio de Janeiro a partir de 1903 e subtitulada “Semanario independiente de intereses generales”. Dirixida por Antonio de la Cuesta e coordinada por E. Rodríguez Hervella, participaban como redactores Carmelo Seoane e Julio Mirelis. Entre os seus colaboradores literarios figuraban Fortunato Cruces, Pérez del Jugerto, N. Díaz de Escobar, Mario Seoane de Drunmond e Antonio Fernández Arreo. Na súa primeira páxina reprodúcense retratos de distintas personalidades da colonia galega, á parte dun gravado da baía de Rio de Janeiro e da estatua ecuestre de D. Pedro I. Incluíron tamén diversas traducións en castelán de artigos da prensa brasileira.