Corsini
Corsini
Liñaxe nobre toscana, orixinaria do Val di Pesa, que tivo unha influencia considerable na vida política, económica e científica de Florencia e Roma. No 1644 obtiveron o título de marquesado e conseguiron altos cargos eclesiásticos. Lorenzo Corsini foi elixido papa co nome de Clemente XII, e fundou a Biblioteca Corsiniana de Roma; o seu sobriño, o cardeal Neri Corsini (1685-1770), adquiriu o palacio que leva o nome da liñaxe. Outro membro destacado foi santo Andrea Corsini (1301-1373).