Corte Penal Internacional
Corte Penal Internacional
Corte, con sede na Haia, encargada de xulgar os delitos internacionais graves: crimes de xenocidio, crimes contra a humanidade e crimes de guerra. O seu estatuto foi adoptado en Roma o 17 de xullo de 1998 ao remate dunha conferencia internacional organizada baixo os auspicios das Nacións Unidas. O estatuto foi promulgado para continuar os traballos dos tribunais creados para xulgar os delitos cometidos na antiga Iugoslavia e Rwanda. En abril do ano 2001, 140 países asinaron o estatuto, pero soamente 29 o ratificaron no seu ordenamento interno.