2 corte
(
-
s
f
-
Dependencia da casa tradicional que serve de dormitorio aos animais, dá calor ao resto do fogar e produce fertilizante. Ocupa case toda a planta terrea e, ás veces, está dividida en compartimentos onde están os cuxos e as ovellas. Está provisto de comedeiros, bebedoiros e leitos para o seu descanso. O chan está máis baixo ca o resto da planta co motivo de facer un leito de ramallos para os animais. A única ventilación que hai procede da porta ou dalgunha ventá, xeralmente moi pequena e estreita. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mal lle vai á corte cando o boi vello non tose. Ou na corte, ou no cortello, o gando quer o seu descanso e sosego. Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar”.
Ex: Meteu as vacas na corte para as munguir.
-
Lugar moi sucio e descoidado.
Ex: Ten a casa coma unha corte, non a limpa dende hai catro semanas.
-
-
-
s
f
Conxunto de persoas formado polo soberano e aqueles que o acompañan e que constitúen, polo habitual, a súa familia, o seu servizo e a súa comitiva ou compañía. Por extensión, tamén denomina o lugar onde reside o monarca e a súa familia, así como o conxunto de persoas que acudían aos beixamáns do palacio os días sinalados.
-
s
f
Lugar ou poboación na que reside, habitual ou accidentalmente, o soberano e na que radican os organismos centralizados do goberno dunha monarquía.
Confrontacións: palacio, pazo. -
s
f
Conxunto de persoas que rodean e acompañan a un rei ou un personaxe real.
-
s
f
Conxunto de persoas que acompañan a alguén loándoo, tentando compracelo en calquera cousa.
-
casos de corte /
[HIST/DER]
Delitos que, pola súa natureza ou gravidade, son de obrigatorio coñecemento ante o Tribunal Real ou de Corte, con exclusión doutra xurisdición. Tipificáronse nove delitos, entre os que se incluían a morte, a violación dunha muller ou a traizón. Os delitos que debían cumprir este trámite aprobáronse no reinado de Afonso X, nas Cortes de Zamora (1274).
-
facer a corte a un príncipe
Renderlle o recoñecemento que lle corresponde como soberano.
-
s
f
-
s
f
[DER]
Edificio no que reside a asemblea lexislativa.
-
corte celestial
O ceo entendido como a mansión dos anxos, dos santos e dos benaventurados.
-
corte de amor
[LIT]
Tribunal formado por damas e cabaleiros encargado de xulgar os preitos xurdidos entre trobadores nos ss XI-XIV.
-
corte eclesiástica
[RELIX]
curia romana
-
corte suprema
[DER]
Tribunal Supremo.
-
libro da corte
[DER/HIST]
Rexistro no que os notarios, coa función de escribáns da corte, introducían decretos, ordenanzas e privilexios dados polos baróns ou polos seus procuradores xerais. Tamén se rexistraban neles desterros, imposicións de penas, embargos e moitos actos xurídicos autorizados polos órganos xurisdicionais. OBS: A grafía o representa o son [o].
Frases feitas
-
Buscarlle corte ao boi vello. Quererlle aprender algo a unha persoa con moita experiencia.
-
Ir a corte e matalas todas. Saír mal un asunto ou negocio.
-
2 Intentar namorar a unha persoa.
-
Facerlle a corte. 1 Louvar ou eloxiar desmesuradamente a alguén para obter a súa benevolencia ou os seus favores.