Cortegada, Santa María de

Cortegada, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Silleda. De orixe medieval, pertenceu probablemente ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro no ano 910. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII, só se conservan os muros laterais da nave: no lado sur destaca unha estreita fiestra e os canzorros, e no norte dúas seteiras e canzorros decorados cun carneiro, unha aguia, un can con dúas volutas e un home collendo os xeonllos, todo deteriorado. A igrexa reedificouse no s XVII, nun lugar próximo á súa situación orixinal.