Cortés, casa

Cortés, casa

Construción situada en San Paio de Diomondi (O Saviñao). Ten planta en forma de U, cunha escaleira na parte central da vivenda que accede a un corredor-solaina que percorre as dúas ás do edificio. Conserva unha capela unida ao edificio con cabeceira semicircular e con acceso dende o exterior.