Cortés Roca, Ángel

Cortés Roca, Ángel

Xornalista informático. Foi o impulsor de varias das primeiras publicacións electrónicas estables en castelán, como Noticias intercom (www.noticias. com) en 1995, dedicada á información tecnolóxica, que logo se traduciu ao galego, portugués e catalán. Así mesmo, foi o promotor de Sólo Linux, Sólo Juegos e La Empresa. No ano 1998 puxo en funcionamento o primeiro servidor de vídeo en Internet en España, Netshow, no que emitiu programas tanto radiofónicos coma de vídeo pola rede. En 1999 promoveu a posta en marcha dun proxecto de diario deportivo mundial para a comunidade hispana, con redacción en máis de dez países, e outro dedicado ao mundo do cine. Recibiu o premio ao Mellor Xornalista na Difusión de Internet e o Premio Möbius aos mellores contidos científico-técnicos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Falecemento

    Lugar : Barcelona