Cortes de la Frontera

Cortes de la Frontera

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Sevilla (3.643 h [1996]). É un terreo moi accidentado, situado nos contrafortes da Serranía de Ronda, e drenado polo río Guadiaro. A principal actividade económica é a agricultura (cereais e oliveiras). Boa parte do termo municipal está dentro do Parque Natural da Sierra de Grazalema. Ocupada polos fenicios, gregos e romanos na Antigüidade, durante a dominación árabe pertenceu aos reinos de Sevilla e Granada. Foi reconquistada por Rodrigo Ponce de León no s XV. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas romanas de Cortes el Viejo e a igrexa de Nuestra Señora del Rosario, do s XVII.