Cortesão, Jaime

Cortesão, Jaime

Escritor e historiador portugués. Colaborou co grupo Renascença e foi un dos fundadores das revistas Nova Silva e A Águia. Interveu na Primeira Guerra Mundial e, exiliado, viviu en España, Francia e Brasil. Posteriormente, volveu a Portugal e dedicouse á tarefa de historiador. Escribiu poesía (Divina Voluptuosidade, 1923; Missa da Meia-Noite, 1940), baixo o pseudónimo de António Fróis; dramas históricos (O Infante de Sagres, 1916; Egas Moniz, 1918) e narracións breves.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ançã, Beira Litoral

  • Deceso

    Lugar : Lisboa