cortina
(
-
s
f
Peza de tecido, xeralmente de tea, que se pendura diante das portas ou fiestras como adorno, abrigo ou protección. Tamén se pode empregar para separar unha habitación nunha ou en varias estancias, diante dun escenario, para cubrir un andel ou para ocultar unha cama, entre outros usos.
Ex: A habitación non ten cortinas e entra a luz pola mañá. Os actores saíron saudar ó público despois de atravesar as cortinas.
-
-
s
f
Aquilo que limita a visión de algo ou que agacha algunha cousa.
Ex: A fervenza formaba unha cortina de auga que non deixaba ver o outro lado.
-
cortina de fogo
[BÉL]
Sistema de disparo continuo, de pouca profundidade e densidade, que se utilizaba co obxectivo de desorientar o inimigo.
-
cortina de fume
[BÉL]
Neboeiro ou bruma artificial que se coloca entre as forzas propias e o inimigo co fin de ocultarse do mesmo.
-
cortina de fume
Estratexia para ocultar algunha cousa desviando a atención cara a outra.
-
s
f
-
s
f
[BÉL]
Parte recta da muralla que, nunha fortificación, une os costados de dous baluartes ou torres consecutivas.
-
s
f
[MICOL]
Conxunto de filamentos moi delicados que, nalgúns xéneros de fungos, procedentes do veo parcial, aparecen no carpóforo cando é novo, na zona de contacto do sombreiro co pé. Cando o sombreiro se abre, a cortina rómpese e queda unha especie de laminiña pouco visible na parte superior do pé e na marxe do sombreiro. É unha característica das cortinariáceas.
-
s
f
[IMAX]
Lámina metálica móbil do obturador das cámaras fotográficas SLR, que protexe a película durante o enfoque e o cambio de obxectivos.
-
s
f pl
[HERÁLD]
As dúas partes laterais do pavillón dos soberanos que caen do vértice.