Cortina d’Ampezzo

Cortina d’Ampezzo

Municipio da provincia de Belluno, no Veneto, Italia, situado nos contrafortes dos Dolomitas (6.937 h [1991]). É unha importante estación invernal e centro turístico de veraneo. En 1956 foi sede dos VII Xogos Olímpicos de Inverno.