Corvey, principado de
Corvey, principado de
Territorio do Sacro Imperio, pertencente ao círculo do Baixo Rin-Westfalia, creado en 1203 sobre a antiga abadía de Corvey (en latín Corbeia Nova), sobre o Wesser, fundada no 822 por beneditinos de Corbie (Picardie). O bispado-principado foi secularizado no 1803 e entregado ao príncipe herdeiro Guillerme de Orange-Nassau. No 1807 pasou ao Reino de Westfalia e no 1815, a Prusia. En 1822 entregóuselle a Víctor-Amadeo I e, á súa morte (1834), pasou ao seu sobriño Víctor de Hohenlohe-Schillingfürst (morto no 1893) e aos seus sucesores.