Cosimo, Agnolo di

Cosimo, Agnolo di

Pintor. Coñecido como Agnolo Bronzino, foi discípulo de Pontormo. Retratista oficial dos Medici, os seus retratos acentúan a importancia das xoias, das sedas e da actitude nobre, e amosan unha certa idealización anatómica. Pintou tamén cartóns para tapices (A historia de Xosé) e lenzos relixiosos (O martirio de san Lourenzo, 1569) e nus como o grupo Venus, Cupido, a Locura e o Tempo. Escribiu tamén poesías.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monticelli, Florencia

  • Deceso

    Lugar : Florencia