Cosroes I de Persia

Cosroes I de Persia

Rei de Persia (531-579), fillo de Kavadh I. Pertencente á dinastía sasánida, estendeu os seus dominios sobre os territorios bizantinos coa conquista de Antioquía no 540, e chegou ata o Mar Negro, o río Oxus e Iemen. Aliouse cos turcos occidentais e venceu os hunos brancos ou heftalitas no 562. Durante o seu reinado estableceu unha serie de reformas na administración, como a regulamentación dos impostos baseándose nun catastro, e promoveu as grandes construcións públicas. Restaurou o zoroastrismo como relixión oficial.