Cosroes II de Persia

Cosroes II de Persia

Rei de Persia (590-628), neto de Cosroes I. Iniciou o seu reinado contando coa amizade do emperador bizantino Mauricio, que recibiu Armenia a cambio da súa axuda contra unha rebelión dirixida polo xeneral persa Bahram. Despois do asasinato do Emperador Mauricio reconquistou ese territorio, ademais de Capadocia, e chegou ata o Bósforo. No 611 emprendeu unha campaña que rematou no 617 coa conquista das provincias bizantinas de Siria, Palestina, Xerusalén e Exipto. Malia isto, o país non estaba ben estruturado e debido á opresión do monarca permitiu que o novo emperador bizantino Heraclio puidese vencelo (623). Despois da súa derrota, a nobreza destronouno e substituíuno polo seu fillo Kavad II.