Cossiga, Francesco
Político italiano. Licenciado en Xurisprudencia, foi profesor de dereito constitucional na Universidade de Sassari. En 1945 iniciou a súa andaina política na Democracia Cristiá (DC), da que foi deputado (1958-1963). Foi ministro de Administración Pública (1974-1976) e Interior (1976-1978). A partir de agosto de 1979 liderou un goberno de coalición formado pola DC, o Partido Socialdemocrático Italiano (PSDI) e o Partido Liberal Italiano (PLI). En 1980 encabezou un segundo goberno apoiado pola DC, o Partido Socialista Italiano (PSI) e o Partido Republicano Italiano (PRI). Exerceu tamén como presidente do Senado (1983-1985). Rematou a súa traxectoria política como presidente da República (1985-1992) e foi proclamado senador vitalicio. En 1998, logo dunha profunda crise na DC, fundou o partido centrista Unión Democrática para a República.
En xaneiro de 2001 recibiu en Euskadi os premios Sabino Arana e Lagun Onari.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sassari, Sardeña -
Falecemento