Costa Figueiras, Xosé
Costa Figueiras, Xosé
Xornalista e escritor. Traballou na prensa galega (El Regional, La Idea Moderna e El Heraldo de Monforte) e non galega (Diario universal, La Argentina e El Fígaro), e foi redactor da Enciclopedia Ilustrada da Editorial Seguí. Emigrante na Arxentina, fundou e dirixiu en Bos Aires a revista Rojo y Gualda, dirixiu o Boletín do Centro Galego e, de volta a Galicia, o xornal El Regionalista. Publicou, entre outras obras: La risa de Dios (1913), o díptico España en ultramar, que contén La sugestión de América (1919) e Las fraguas de la fortuna (1920), e En tierras del Plata (1921).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toiriz, Pantón -
Deceso