Costa Pérez, Martín
Pintor. Coñecido como Xurxo Martiño, a súa obra caracterizouse polo emprego de temas relacionados coa cidade e a paisaxe urbana, sen integrar a figura animal e humana, para crear así un ambiente de absoluta soidade. Artista conceptualista, aproximouse ao surrealismo pero nalgunha das súas formas é herdeiro da tradición grecolatina. Entre as súas obras destacan a serie Campus Stellae, Far West (Val de Soneria, s/n) (1995), Finis Terrae (1994-1995) e Azul II (1994-1995). En 1985 participou nunha mostra colectiva organizada no Círculo Mercantil de Santiago de Compostela e dende entón realizou exposicións individuais e colectivas. Entre as primeiras destacan a do Modus Vivendi (Santiago de Compostela, 1986), a do Club Financiero Atlántico-Galería Trinta (A Coruña, 1992) e a da Galería Minotauro (Santiago de Compostela, 1992). Participou, entre outras mostras colectivas, en Arco 1992 e 1993, na Bienal de Pontevedra de 1988, onde obtivo un accésit, no Festival Interceltique de Lorient (1990) e no II Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Coruña (1991). En 1994 recibiu o I Premio de Pintura José Malvar para novos valores.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Caxadas, Vimianzo