costela
(< lat costa)
-
-
s
f
[ANAT]
Cada un dos ósos planos e arqueados que forman as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os órganos, coma os pulmóns e o corazón. No ser humano, o número de costelas é de doce pares. Están unidas, por detrás, á columna vertebral dorsal mediante as articulacións vertebrocostal e transversocostal e, por diante, ao esterno polas cartilaxes costais. As sete primeiras son verdadeiras, chamadas así porque se unen a cartilaxes que se articulan cada unha delas co esterno; as tres seguintes son falsas, porque a cartilaxe se une ao das costelas superiores; e as dúas últimas son flotantes, porque a cartilaxe é libre. Anatomicamente, presenta unha cabeza, extremidade engrosada que se articula coa vértebra; unha zona máis estreita chamada colo; unha tuberosidade en forma de prominencia que se articula coa apófise transversa das vértebras correspondentes; e un corpo, que é a parte aplanada da costela.
-
costela moumiña
Costela inferior e máis pequena do costeleiro.
-
s
f
[ANAT]
-
s
f
Costela de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.
Ex: Arranxou unha pouca costela con patacas e chícharos.
-
s
f
-
Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.
Ex: Rompéronselleme as dúas costelas ó abano, por iso agora avivo o lume cun cartón.
-
Cada unha das tiras anchas de madeira coas que se elaboran cestos e utensilios semellantes.
Sinónimos: costra, costrán. -
Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.
-
[AERON]
Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.
-
[ARQUIT]
Cada un dos listóns ou pezas horizontais que, nunha cimbra, unen os coitelos e lles serven de apoio ás doelas.
-
[GRÁF]
Tiras de cartolina que se poñen nos lombos dos libros antes de recubrilos de pel para encadernalos.
-
[MAR]
caderna.
-
-
s
f
Trapela para cazar paxaros.
-
s
f
[BIOL]
Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie dun órgano ou estrutura, como as que presentan moitos froitos de plantas da familia das apiáceas, algunhas follas e as cunchas dalgúns gasterópodos.
-
s
f
[ARTE]
Decoración en forma de nervio dalgúns vidros romanos.
Frases feitas
-
Abanearlle unha persoa as costelas a alguén. Bourar nunha persoa.
-
Calcarlle/medirlle as costelas a alguén. Pegarlle con saña.
-
Poder contarlle a alguén as costelas. Estar unha persoa extremadamente fraca.