Couto, pazo do

Couto, pazo do

Construción barroca situada a carón da igrexa de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal). A súa construción, promovida por don Francisco Valderrama e Mallou, data de 1717, segundo unha inscrición que se conserva na portada de entrada ao xardín. Trátase dun edificio con planta en forma de L, no que destaca unha gran balconada sobre canzorros que percorre unha das súas fachadas. Conserva os brasóns dos Valderrama e dos Mariño. Nos xardíns existe unha fonte barroca labrada en cantería.