Couzadoiro, pazo do
Couzadoiro, pazo do
Construción nobre situada en San Cristovo de Couzadoiro, no concello de Ortigueira. A súa orixe (s XVI) relaciónase coa liñaxe de don Gonzalo de la Peña e da súa dona María Vázquez. Reconstruído no primeiro terzo do s XX, consta de dúas torres unidas por un corpo menor que se complementan cunha serie de construcións adxectivas exentas, como a capela.