Covilhã
Covilhã
Cidade de Portugal, no distrito de Castelo Branco (21.689 h [1981]). Situada nos contrafortes da serra da Estrela, as súas neves permanentes convértena nunha importante estación invernal. O sector téxtil e o turismo de inverno son as súas principais actividades económicas. Do seu patrimonio destacan a capela románica de São Martinho, o antigo convento de Santo António (s XVI) e a igrexa de Santa Maria, rematada en 1886.