Cowel, Henry Dixon
Compositor. Realizou estudios en California e Nova York, e exerceu a docencia no Peabody Conservatory e na Columbia University. En 1927 fundou a editorial New Music Edition e foi membro destacado da escola de experimentalistas dos EE UU. Dende a súa primeira actuación como pianista, en 1912, escandalizou o público utilizando clusters, técnica que desenvolveu en Advertisement (1914). Convencido de que as facturas polirrítmicas que proxectaba superaban a capacidade humana, concibiu con Leon Theremin un instrumento de teclado-percusión, o rhythmicon, capaz de producir as máis complexas combinacións rítmicas (Rhythmicana, 1931). Pioneiro das formas móbiles e das combinacións insólitas, en especial en Mosaic Quartet (1935), inclinouse cara ás culturas e músicas asiáticas, sen desprezar o pasado musical norteamericano (Tales of our countryside, 1941). A súa extensa produción comprende fundamentalmente obras orquestrais (21 sinfonías e diversos concertos), obras de cámara, pezas para piano, bandas sonoras e óperas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Menlo Park, California -
Deceso
Lugar : Nova York