Coyote, El
Coyote, El
Publicación que apareceu en Vigo en 1986 subtitulada “Revista de Coya”. A partir do seu terceiro número pasou a denominarse “Revista Independiente Popular”. Aínda que variaban as seccións en cada número, mantíñanse os apartados “Editorial” e “Laboral”, nos que aparecían demandas e ofertas de emprego, así como artigos sobre a situación laboral do momento. En 1990 incluíu colaboracións con entidades de Euskadi e de Portugal. Os primeiros números estaban escritos en castelán, con algún artigo en galego, pero a partir do sexto a publicación editouse integramente en galego.