Craxi, Bettino
Político italiano. Membro do Partido Socialista Italiano (PSI), en 1957 foi elixido membro do comité central do PSI. Foi deputado do Parlamento italiano dende 1968 e deputado europeo en 1979. En 1983 converteuse no primeiro socialista en ser presidente do goberno italiano, cargo no que se mantivo ata 1987. Secretario xeral do PSI dende 1976, abandonou o cargo en 1993 pola súa implicación en actos de corrupción e financiamento ilegal do seu partido, coñecidos como caso Tagentopoli. No ano 1994 fuxiu a Tunisia e, condenado ao cárcere no 1996, foi declarado prófugo pola xustiza. Escribiu, entre outras obras, Socialismo e realtá (Socialismo e realidade, 1973), Costruire il futuro (Construír o futuro, 1977), Pluralismo e leninismo (Pluralismo e leninismo, 1978), Un passo avanti (Un paso adiante, 1981), Il caso Cagliari (O caso Cagliari, 1995) e Il finanziamento della politica (O financiamento da política, 1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Milán -
Deceso
Lugar : Hammamet, Tunisia