creador -ra
creador -ra
(< lat creatōre)
-
adx
Relativo ou pertencente á creación.
Ex: A capacidade creadora do pequeno é moi limitada.
-
adx e s
Que ou quen crea algo ou posúe a capacidade para facelo.
Ex: Co seu talento creador non vai tardar en triunfar. Tivemos unha reunión co creador do novo sistema de ordenadores. OBS: Normalmente, escríbese con maiúscula cando fai referencia a Deus. Ex: Os cristiáns cren nun Deus Creador de todas as cousas.