crebaosos

crebaosos

(

Nome científico: [Gypaetus barbatus, Fam dos accipítridos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

oitre de 108 cm de lonxitude, as femias de maior tamaño ca os machos, e de ata 3 m de envergadura. Presentan o dorso, as alas e a cola de cor negra agrisada, e o resto de cor branca que el mesmo tingue, especialmente a cabeza e o pescozo, con arxilas férricas que lle dan unha coloración avermellada. Tamén presentan un anteface de cor negra e teñen un penacho de plumas negras pendurantes baixo o peteiro. A cola é longa e rómbica, e as patas calzadas con numerosas plumas. Son aves planadoras que se alimentan de prea e ósos que deixan caer sobre as rochas dende moita altura para despois inxerir os fragmentos e extraer a medula coa súa lingua de bordos curvos. Distribúese en áreas montañosas da Península Ibérica, na Península dos Balcáns, Oriente Medio, Asia Central e S de África.

Sinónimos

Palabras veciñas

crebadura | crebafolgas | crebanoces | crebaosos | crebar | crebaxeos | crecemento