crecho -cha

crecho -cha
  1. adx

    Aplícase ao pelo rizado.

  2. adx e s

    Que ou quen ten o pelo rizo.

    Ex: De pequeno custaba moito tempo peinalo porque tiña o cabelo moi crecho.

  3. adx

    Aplícase ás follas cando presentan o bordo ondulado.

    Ex: Aquel carballo ten as follas crechas.

  4. adx

    Que ten boa saúde, especialmente se é unha persoa anciá ou se se recuperou dunha enfermidade.

    Ex: O avó é o máis crecho de todos os seus irmáns.

  5. adx

    Aplícase a quen está alporizado ou anoxado por algún motivo.

    Ex: Está crecho porque lle berraron na escola por non levar os deberes feitos.

  6. adx

    Que é orgulloso e que se altera por calquera cousa.

    Ex: É un rapaz tan crecho que non hai quen lle diga nada.

  7. adx

    Aplícase ao neno listo é espelido.

    Ex: Os nenos de hoxe son máis crechos ca os de antes.

Palabras veciñas

crecenza | crecer | crecha | crecho -cha | Crecquillon, Thomas | Crécy, Batalla de | credencia