crecho -cha
crecho -cha
-
adx
Aplícase ao pelo rizado.
-
adx e s
Que ou quen ten o pelo rizo.
Ex: De pequeno custaba moito tempo peinalo porque tiña o cabelo moi crecho.
-
adx
Aplícase ás follas cando presentan o bordo ondulado.
Ex: Aquel carballo ten as follas crechas.
-
adx
Que ten boa saúde, especialmente se é unha persoa anciá ou se se recuperou dunha enfermidade.
Ex: O avó é o máis crecho de todos os seus irmáns.
-
adx
Aplícase a quen está alporizado ou anoxado por algún motivo.
Ex: Está crecho porque lle berraron na escola por non levar os deberes feitos.
-
adx
Que é orgulloso e que se altera por calquera cousa.
Ex: É un rapaz tan crecho que non hai quen lle diga nada.
-
adx
Aplícase ao neno listo é espelido.
Ex: Os nenos de hoxe son máis crechos ca os de antes.