crecha

crecha
  1. s f

    Carreiro que separa o cabelo en dúas partes.

    Ex: Levaba a crecha torta.

    Sinónimos: crencha.
  2. s f

    Cada unha das partes en que queda dividido o pelo pola raia.

    Ex: Nunha crecha tiña unha pinza e na outra levaba o pelo solto.

    Sinónimos: crencha.
  3. s f

    Conxunto de cabelos longos dunha persoa.

    Ex: Había tempo que non o vía e case non o coñezo coas crechas que ten agora.

    Sinónimos: crencha, guedella.