credo

credo

(< lat credo ‘primeirapalabra da oración’)

  1. Calidade de crédulo.

  2. s m
    1. Oración na que aparecen reflectidos os puntos principais da fe católica.

      Ex: O cura esqueceuse de rezar o credo na misa de onte.

    2. Parte da misa na que se reza esta oración.

  3. s m

    Núcleo doutrinal dunha relixión.

    Ex: Seguindo o credo islámico, o único deus é Alá.

  4. s m

    Conxunto das ideas básicas ou principios polos que se rexe unha persoa ou unha colectividade.

    Ex: Cada partido ten un credo ideolóxico propio. Doar sangue contradí o credo das testemuñas de Xehová.

Frases feitas

  • Co credo na boca. Expresión que fai referencia a unha situción extrema ou con moito risco. Ex: Cruzamos o río co credo na boca.

  • Nun credo. Nun espazo moi curto de tempo. Ex: Foi á vila e veu nun credo; non nos deu tempo a facer nada."

Palabras veciñas

credibilidade | crediticio -cia | crédito | credo | credo | credulidade | crédulo -la