cremalleira

cremalleira

(< fr crémaillère)

  1. s f

    Mecanismo de peche dunha peza de vestir, dunha carteira, dunha maleta ou doutro obxecto que consta de dúas tiras con dentes, xeralmente metálicos ou de material plástico, polos que se desplaza un pasador que os pode unir ou separar.

    Ex: Atascóuselle a cremalleira do pantalón mentres a subía.

  2. s f [TECNOL]

    Barra con dentes en sentido transversal, destinada a engrenar nun piñón, que serve para converter o movemento circular do piñón no rectilíneo da barra. Úsase para o sistema de guía de vehículos e para a apertura de comportas, entre outras aplicacións.

    Sinónimos: engrenaxe.
  3. s f [TRANSP]

    Ferrocarril que utiliza un terceiro carril dentado no que engrenan as correspondentes rodas dentadas da locomotora para obter esforzos de tracción superiores aos que lles permitirían os dous carrís de simple adherencia. Este sistema é o adecuado para ferrocarrís de montaña con pendentes do 15%, e ata máis dun 40%. O carril dentado ou cremalleira sitúase no eixe da vía e pode consistir nunhas barras paralelas unidas por pequenos traveseiros, nunha soa barra con dentes aos lados ou en dúas ou tres barras dentadas paralelas desprazadas por medio paso ou un tercio. O freo actúa sobre rodas dentadas dispostas para este fin na locomotora e nos vagóns.

Palabras veciñas

crema | cremación | Cremades Ugarte, Javier | cremalleira | cremar | cremáster | cremat*