Crende, Javier F.

Crende, Javier F.

Pintor. Cultivou a paisaxe, as mariñas e o bodegón. Como recurso pictórico empregou o esvaído e unha levidade cromática. As suaves tonalidades contrastan ás veces coas liñas volumétricas e algúns motivos, como os edificios, nas súas solitarias paisaxes urbanas. Expuxo de xeito individual na Casa de Cultura de Vigo (1985) e na de Baiona (1986), e no Ateneo de Ourense (1987). Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo