Crendes, pazo de

Crendes, pazo de

Construción situada en San Pedro de Crendes (Abegondo). Foilles cedida ás monxas de Cristo Rei que lle engadiron á primitiva planta rectangular un novo piso. De estilo barroco compostelán, a fachada principal divídese en dúas partes por medio dunha escaleira, unha delas cun patín. Na mesma fachada consérvase un brasón que identifica aos Ribadeneira, aos Enríquez, aos Mosquera, aos Nóvoa, aos Luaces e, probablemente, aos Catoira.

Palabras veciñas

crencho -cha | Crende, Javier F. | Crendes | Crendes, pazo de | crenobioloxía | crenoterapia | crenoterápico -ca