Crespo, Xosé

Crespo, Xosé

Ebanista. Realizou o monumento do Xoves Santo para a igrexa de San Bieito do Campo (Santiago de Compostela, 1741). Con este nome coñécese tamén un mestre de obras que realizou a torre de Santa María Salomé (Santiago de Compostela, 1743), onde traballou nas obras das bóvedas, e a quen se lle atribúe tamén a casa dos condes de San Xoán en Padrón.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela