Creúsa
Creúsa
[MIT]
Personaxe da mitoloxía grega, filla de Erecteo e Praxítea. Violada por Apolo nunha gruta da Acrópole ateniense, tivo un fillo, Ión, que abandonou así que naceu naquel mesmo lugar. Hermes recolleu o neonato e educouno no templo de Delfos. Tempo despois casou con Xuto e tivo dous fillos, Diomede e Aqueo.