Crevillente

Crevillente

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, ao O da capital, na marxe dereita do río Vinalopó (23.781 h [1996]). Na súa economía son importantes a gandería caprina e o cultivo de oliveiras, viña, cereais, arbores froiteiras, cánabo e esparto. A fabricación de alfombras, calzado e peles son os sectores industriais principais. Do seu patrimonio destacan a igrexa parroquial da Mare de Déu de Betlem (1779-1829), que substituíu a primitiva igrexa de Sant Pere do s XVI e o santuario da Puríssima.