cripse

cripse

(< grκρύψις ‘oculto’)

s f [ECOL]

Adaptación dun animal ao seu medio habitual pola que se fai dificilmente visible, xa que adopta a coloración ou copia as estruturas que alí existen ou mesmo adquire pautas de comportamento que permiten que pase inadvertido. A adaptación da cor á tonalidade que predomina no medio é un mecanismo de cripse de uso xeral. Non obstante , existen estruturas crípticas máis especializadas, propias de especies concretas, como o insecto pau que modificou a súa estrutura externa de tal xeito que adopta a aparencia das pólas sobre as que vive. Polo xeral, os mecanismos de cripse empréganse como camuflaxe e defensa, pero tamén poden usarse polo depredador para pasar desapercibido e poder atacar a víctima sen ser visto.