cripta
(< lat crypta < grκρυπτή ‘lugar escondido, gruta’)
-
s
f
[ARQUIT]
-
Construción arquitectónica subterránea, xeralmente baixo o presbiterio das igrexas, erixida para acoller a tumba ou as reliquias dun santo. Tamén podía ter unha finalidade estrutural. A súa planta determinaba a miúdo a estrutura da igrexa superior. Na antiga Roma ocupaba todo o soto dunha casa ou dun templo; sen embargo, as primeiras criptas propiamente ditas pertencen ás basílicas paleocristiás. O seu máximo desenvolvemento acadouse na arte prerrománica, románica e gótica. Destacan as criptas das catedrais de Santiago de Compostela e Palencia, as dos mosteiros de San Lourenzo de Carboeiro, San Salvador de Leyre e Sant Pere de Rodes, a Cámara Santa de Oviedo e a cripta da Sagrada Familia de Barcelona.
-
Igrexa ou capela situada nun plano inferior ao da igrexa principal.
-
-
s
f
[BIOL]
Cavidade na superficie dun tecido ou dun órgano animal ou vexetal.
Ex: Cripta amigdalina. Cripta estomatófera.
-
cripta de Lieberkühn
[ANAT]
Cada unha das glándulas de forma tubular que se localizan na parede interna do intestino delgado e que segregan zume intestinal no seu interior.