Criseida
Criseida
[MIT]
Filla de Crises, sacerdote de Apolo, da cidade de Crisa en Tróade. De nome Astínome, foi raptada polos gregos durante o asedio de Troia e converteuse en escrava de Agamemnon. A negativa deste a devolvela a seu pai provocou a cólera de Apolo, quen, a petición de Crises, enviou a peste ao exército grego. Finalmente, Agamemnon viuse na obriga de restituír a Criseida pero, en desagravio, esixía que lle entregasen a Briseida; este feito desencadeou a cólera de Aquiles e o comezo de A Ilíada.