crisocola

crisocola

(< criso- + 2 cola)

s f [MINERAL]

Silicato de cobre hidratado, de fórmula CuSiO3·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico e localízase a miúdo en fibras ou masas. A súa dureza é de 2-4 e a densidade de 2-2,5. A súa cor é verde ou azul e cando contén óxidos de ferro ou de cobre varía entre a marrón e a negra. Emprégase para obter cobre.