crisofíceo -a

crisofíceo -a

(< criso- + gr ϕῦκος ‘alga’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás crisofíceas.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da clase das crisofíceas.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Clase de algas da división das crisófitas, constituída por individuos unicelulares ou pluricelulares de células cun ou dous plastos parietais, dunha cor amarela dourada pola abundancia de xantofilas (sobre todo ficoxantina). Polo xeral son flaxeladas e a miúdo poden formar quistes de natureza silícica. A maioría viven en augas doces non contaminadas, pero algunhas son estritamente mariñas e forman parte do nanoplancto. Engloba unha ducia de ordes, entre as que destacan as das ditiotais, cromulinais, ocromonadais e faeotamnionais.

Palabras veciñas

crisóbula | crisocapsal | crisocola | crisofíceo -a | crisófito -ta | crisografía | crisográfico -ca