cristalización
(
-
s
f
Acción de cristalizar.
-
s
f
[FÍS]
Cambio de estado dunha substancia disolta, fundida ou en estado gasoso, a estado sólido cristalino. A formación de cristais a partir dunha solución obtense por evaporación do solvente, sen chegar ao punto de saturación, e deixándoo arrefriar. O proceso comeza cando se forman os primeiros núcleos de cristais, xa de xeito espontáneo, xa inducidos pola presenza doutras partículas propias ou alleas á substancia a separar. Un arrefriamento lento da solución saturada produce cristais grandes e ben formados, pero impuros. Para obter cristais máis puros e pequenos, cómpre que se efectúe un arrefriamento brusco e con axitación da solución. Todos os compostos cristalinos poden purificarse por recristalización da súa solución nun solvente apropiado. Cando unha solución contén diversos solutos pódese acadar a formación gradual dos cristais de cada soluto independentemente, por cristalización fraccionada, mediante unha regulación moi fina das condicións físicas, especialmente da temperatura. A partir dunha substancia en estado gasoso, a formación de cristais conséguese por sublimación. A cristalización é un método moi empregado industrialmente para obter substancias cun grao de pureza elevado.
-
s
f
[FÍS]
Momento no que os átomos dos corpos se agrupan dun xeito regular formando cristais.