cristalizador
cristalizador
(< cristalizar)
s
m
[QUÍM]
Recipiente de vidro de forma cilíndrica, máis ancho ca alto, empregado no laboratorio para realizar nel cristalizacións. Os cristalizadores que traballan de forma continua poden ser de leito fluidificado de cristais, con reciclado do líquido que o atravesa, e de magma circulante, con etapas alternadas de cristalización e arrefriamento. Tamén os hai que operan de xeito descontinuo.