crítico -ca

crítico -ca

(< lat critĭcu < grκριτικός ‘capaz de xulgar’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á crise.

    Ex: Pasou por unha situación moi crítica antes de restablecerse de todo.

    Sinónimos: grave.
  2. adx

    Aplícase á situación que produce un cambio substancial.

    Ex: A súa relación pasa por un momento crítico.

  3. [MED]
    1. adx

      Que decide a evolución dunha enfermidade.

    2. idade crítica

      Época na que se produce o climaterio.

  4. [FÍS]
    1. adx

      Aplícase ás condicións que determinan un cambio no desenvolvemento dun fenómeno ou nas propiedades dun corpo.

    2. punto crítico

      temperatura crítica.

    3. punto crítico

      Composición dun sistema no momento no que, engadindo un solvente a dous líquidos parcialmente miscibles, as dúas solucións chegan a ter a mesma composición e se transforman nunha soa fase. Un exemplo é a adición de alcohol a unha mestura de éter e auga.

  5. adx

    Relativo ou pertencente á crítica.

    Ex: Tiven que ler unha edición crítica da obra de Manuel Antonio para facer un traballo sobre a súa relación coas vangardas.

  6. s
    1. Persoa que expresa a súa opinión razoada sobre un tema, xulgando o seu valor, as súas calidades e os seus defectos.

      Ex: Os críticos non aceptaron as novas medidas políticas.

    2. Persoa que valora o resultado dunha obra literaria, artística, cinematográfica, etc. Dentro da crítica literaria ocúpase da análise e interpretación dos procedementos construtivos da obra literaria. En consonancia cos dous tipos de crítica que se establecen a partir da súa función valorativa, distínguense dúas figuras. O crítico académico estudia os diferentes elementos que compoñen un texto, mediante o emprego de ferramentas metodolóxicas axeitadas a un marco conceptual determinado. Pode centrarse na estrutura, na análise do tempo ou do espacio, na modalización, na métrica, etc. O seu labor desenvólvese no ámbito do ensaio ou en publicacións especializadas, en forma de artigos ou monografías. Fronte a este, existe outra clase de crítico que informa o público das novidades literarias, para o que emite opinións e valoracións, tanto das novas publicacións como das estreas de pezas teatrais. O seu traballo ten o valor da actualidade e desenvólvese nos medios de comunicación.

Palabras veciñas

criticastro -tra | criticismo | criticista | crítico -ca | Criticón, El | Critios | Critz, John de