crítico -ca
(< lat critĭcu < grκριτικός ‘capaz de xulgar’)
-
adx
Relativo ou pertencente á crise.
Ex: Pasou por unha situación moi crítica antes de restablecerse de todo.
Sinónimos: grave. -
adx
Aplícase á situación que produce un cambio substancial.
Ex: A súa relación pasa por un momento crítico.
-
[MED]
-
adx
Que decide a evolución dunha enfermidade.
-
idade crítica
Época na que se produce o climaterio.
-
adx
-
[FÍS]
-
adx
Aplícase ás condicións que determinan un cambio no desenvolvemento dun fenómeno ou nas propiedades dun corpo.
-
punto crítico
temperatura crítica.
-
punto crítico
Composición dun sistema no momento no que, engadindo un solvente a dous líquidos parcialmente miscibles, as dúas solucións chegan a ter a mesma composición e se transforman nunha soa fase. Un exemplo é a adición de alcohol a unha mestura de éter e auga.
-
adx
-
adx
Relativo ou pertencente á crítica.
Ex: Tiven que ler unha edición crítica da obra de Manuel Antonio para facer un traballo sobre a súa relación coas vangardas.
-
s
-
Persoa que expresa a súa opinión razoada sobre un tema, xulgando o seu valor, as súas calidades e os seus defectos.
Ex: Os críticos non aceptaron as novas medidas políticas.
-
Persoa que valora o resultado dunha obra literaria, artística, cinematográfica, etc. Dentro da crítica literaria ocúpase da análise e interpretación dos procedementos construtivos da obra literaria. En consonancia cos dous tipos de crítica que se establecen a partir da súa función valorativa, distínguense dúas figuras. O crítico académico estudia os diferentes elementos que compoñen un texto, mediante o emprego de ferramentas metodolóxicas axeitadas a un marco conceptual determinado. Pode centrarse na estrutura, na análise do tempo ou do espacio, na modalización, na métrica, etc. O seu labor desenvólvese no ámbito do ensaio ou en publicacións especializadas, en forma de artigos ou monografías. Fronte a este, existe outra clase de crítico que informa o público das novidades literarias, para o que emite opinións e valoracións, tanto das novas publicacións como das estreas de pezas teatrais. O seu traballo ten o valor da actualidade e desenvólvese nos medios de comunicación.
-